Rueda visita o Belén Artesanal en Movemento de Valga, Festa de Interese Turístico de Galicia

Valga (Pontevedra), 2 de xaneiro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o Belén Artesanal en Movemento de Valga, que está recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia desde 1995. Ademais, o de Valga e o de Begonte (Lugo) son as únicas recreacións deste tipo que contan con esta consideración.

O Belén de Valga, que ocupa 400 metros cadrados, representa o nacemento en movemento e dentro do contexto dunha aldea galega coas tradicionais figuras de recreacións de Nadal con alusión aos costumes e oficios galegos e, como todos os anos, tamén con referencias a temas de actualidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2024