A Xunta e a Fundación Catedral de Santiago colaboran na mellora da eficiencia enerxética de varios espazos do museo

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, supervisou o proxecto acompañado por persoal do Inega

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, acompañado de persoal do Inega, supervisou o proxecto de mellora de iluminación arquitectónica levado a cabo no Museo da Catedral de Santiago de Compostela pola empresa Lumiled Energías Renovables.

Froito do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago leváronse a cabo unha serie de actuacións tanto na Biblioteca como na Sala Capitular do Museo dirixidas á mellora da eficiencia enerxética por un importe de preto de 83.000 euros.

En concreto, substituíronse os halóxenos existentes por proxectores LED, instaláronse sensores de movemento e localizáronse luminarias para protexer os libros expostos da luz.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2024