A Oficina Rural da Estrada remata as súas obras de reforma, cun investimento de preto de 76.000 euros

Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións

A oficina sitúase nun edificio que comparte coa sede de Emerxencias da Estrada, un espazo coñecido anteriormente como Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2023

A Oficina Rural da Estrada vén de rematar as obras de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento de case 76.000 euros para diversas melloras -75.994,53-.

Esta oficina, que dá servizo aos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo, mellorou as súas instalacións no interior e tamén nas carteleiras exteriores, así como a renovación do mobiliario. O obxectivo destas actuacións é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.

No espazo coñecido anteriormente como Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, a Oficina Rural da Estrada comparte as instalacións do edificio con Emerxencias desta localidade pontevedresa. No 2012 trasladouse a estas dependencias, que contan cunha superficie de 115 metros cadrados no polígono estradense de Toedo.

A oficina dispón de varios postos administrativos que prestan atención xeral á cidadanía, pero tamén en materia de servizos agrarios e veterinarios para aquelas persoas que o precisen dos concellos aos que atende.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/12/2023