A Xunta licita o contrato para actualizar a información relativa á distribución e abundancia de varias especies de flora ameazada en Galicia

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2023.- A Xunta de Galicia licita o contrato para actualizar a información relativa á distribución e abundancia de varias especies de flora ameazada na Comunidade, co obxectivo de poder avaliar a tendencia das poboacións destes taxóns.

Dada a necesidade de que estes traballos se leven a cabo por parte de adxudicatarios expertos en cada grupo de especies, o contrato divídese en tres lotes. O primeiro lote ten como obxecto o estudo de fentos de valgada ameazados en diferentes puntos as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

 

Outro dos lotes analizará a flora ameazada de cantís costeiros, nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal. En concreto, avaliarase a situación da Centaurea borjae e da Crepis novoana, que están consideradas en perigo de extinción no Catálogo galego de especies ameazadas.

O terceiro lote estudará a flora ameazada de macizos graníticos -Xiphion boissieri, Thymelaea broteriana e Armeria sampaioi- en puntos das catro provincias galegas.

Data de actualización: 30/12/2023