Fabiola García desexa un feliz aninovo ao persoal, usuarios e familiares de DoralResidencias en Mos

Mos (Pontevedra), 29 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe DoralResidencias en Mos, onde tivo a ocasión de conversar cos profesionais, usuarios e familiares deste centro. Fabiola Garcia aproveitou a ocasión para desexar a todos eles un feliz aninovo.

 

A conselleira, que estivo acompañada da alcaldesa do concello, Nidia Arévalo, reivindicou o valor da experiencia e da sabedoría dos maiores. Así mesmo, puxo como exemplo para o conxunto da sociedade as gañas de superación e a vontade de avanzar das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/12/2023