A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, firmou este acordo, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, con Autoestradas de Galicia

A Xunta asina o convenio para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas autonómicas e seguir aplicando as bonificacións vixentes

Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5 M€ para conxelar as tarifas e manter os descontos o próximo ano nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor

A conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas evita o incremento do 3,3% das tarifas que suporía o aumento do IPC

Continuará a aplicación das bonificacións habilitadas por recorrencia, en horario nocturno ou para as familias numerosas

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe o convenio co que a Xunta manterá conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) e continuará aplicando as bonificacións vixentes.

Vázquez Mourelle asinou co director xeral da concesionaria Autoestradas de Galicia, César Canal, este acordo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da aprobación do convenio, autorizado no Consello da Xunta do pasado día 14 de decembro: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231229/AnuncioG0533-201223-0001_gl.html

Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5M€ para conxelar as tarifas das peaxes e manter os descontos vixentes o próximo ano nas autoestradas autonómicas: por recorrencia, en horario nocturno e para as familias numerosas.

Esta medida ten como obxectivo mitigar o impacto na economía das familias por mor da crise enerxética, de abastecemento e de prezos de materiais.

Esta conxelación das tarifas evita un aumento do 3,3% do importe das peaxes, tal e como correspondería polo incremento do IPC.

Deste xeito, as peaxes en AG-55 e AG-57 manteñen as tarifas vixentes para os distintos itinerarios, beneficiándose do efecto desta medida nos diferentes treitos.

Esta medida supón que, por exemplo, para un usuario habitual da autoestrada Vigo-Baiona o aforro sexa duns 235 € no 2024; e de 343 € no caso do percorrido A Coruña-Carballo.

Se se trata dun membro de familia numerosa, o aforro será de case 560 € no ano 2024 no percorrido Vigo-Baiona e de case 840 € no percorrido A Coruña-Carballo.

Cadros das variacións das peaxes 2024 na AG-55 e na AG-57

 
PEAXES AG55 2024 sen conxelación
 
Itinerarios
Distancia
Lixeiros
Pesados 1
Pesados 2
 
IVA 21%
IVA 21%
IVA 21%
 

A Coruña-Arteixo

7,126
0,65
0,95
1,25
 
Arteixo-Paiosaco
9,615
0,85
1,30
1,70
 
Arteixo-Laracha
16,151
1,45
2,15
2,85
 
Arteixo-Carballo
25,969
2,30
3,45
4,60
 
Paiosaco-Laracha
7,193
0,65
0,95
1,30
 
Paiosaco-Carballo
17,011
1,50
2,25
3,00
 
Laracha-Carballo
10,953
0,95
1,45
1,95
 

A Coruña-Puerto Exterior

1,967
0,15
0,25
0,35
 

Puerto Exterior- A Coruña

2,297
0,20
0,30
0,40
 

Arteixo-Puerto Exterior

3,427
0,30
0,45
0,60
 

Puerto Exterior- Arteixo

3,168
0,30
0,40
0,55
 
PEAXES AG55 a aplicar 2024
 
AG55
Distancia
Lixeiros
Pesados 1
Pesados 2
 
IVA 21%
IVA 21%
IVA 21%
 

A Coruña-Arteixo

7,126
0,55
0,85
1,10
 
Arteixo-Paiosaco
9,615
0,75
1,15
1,50
 
Arteixo-Laracha
16,151
1,25
1,90
2,55
 
Arteixo-Carballo
25,969
2,05
3,05
4,05
 
Paiosaco-Laracha
7,193
0,55
0,85
1,15
 
Paiosaco-Carballo
17,011
1,35
2,00
2,65
 
Laracha-Carballo
10,953
0,85
1,30
1,70
 

A Coruña-Puerto Exterior

1,967
0,15
0,25
0,30
 

Puerto Exterior- A Coruña

2,297
0,20
0,25
0,35
 

Arteixo-Puerto Exterior

3,427
0,25
0,40
0,55
 

Puerto Exterior- Arteixo

3,168
0,25
0,35
0,50
 

DIFERENCIA con e sen conxelación = AFORRO USUARIOS

 
AG55
Distancia
Lixeiros
Pesados 1
Pesados 2
 
IVA 21%
IVA 21%
IVA 21%
 

A Coruña-Arteixo

7,126
0,10
0,10
0,15
 
Arteixo-Paiosaco
9,615
0,10
0,15
0,20
 
Arteixo-Laracha
16,151
0,20
0,25
0,30
 
Arteixo-Carballo
25,969
0,25
0,40
0,55
 
Paiosaco-Laracha
7,193
0,10
0,10
0,15
 
Paiosaco-Carballo
17,011
0,15
0,25
0,35
 
Laracha-Carballo
10,953
0,10
0,15
0,25
 

A Coruña-Puerto Exterior

1,967
0,00
0,00
0,05
 

Puerto Exterior- A Coruña

2,297
0,00
0,05
0,05
 

Arteixo-Puerto Exterior

3,427
0,05
0,05
0,05
 

Puerto Exterior- Arteixo

3,168
0,05
0,05
0,05
 
         
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PEAXES AG57 2024 sen conxelación
Itinerarios
Distancia
Lixeiros
Pesados 1
Pesados 2
IVA 21%
IVA 21%
IVA 21%
Vigo-Vincios
4,822
0,45
0,65
0,85
Vigo-Gondomar
11,343
1,00
1,50
2,00
Vigo-Nigrán
14,784
1,30
1,95
2,60

Vigo-A Ramallosa

13,198
1,15
1,75
2,35
Vigo-Baiona
22,000
1,95
2,95
3,90

A Ramallosa-Baiona

8,795
0,80
1,15
1,55
Nigrán-Baiona
14,784
1,30
1,95
2,60

Nigrán-A Ramallosa

4,686
0,40
0,60
0,85
Vincios-Gondomar
7,112
0,65
0,95
1,25
Vincios-Nigrán
10,553
0,95
1,40
1,85

Vincios-A Ramallosa

8,967
0,80
1,20
1,60
Vincios-Baiona
17,769
1,60
2,35
3,15
PEAXES AG57 a aplicar 2024
AG57
Distancia
Lixeiros
Pesados 1
Pesados 2
IVA 21%
IVA 21%
IVA 21%
Vigo-Vincios
4,822
0,40
0,55
0,75
Vigo-Gondomar
11,343
0,90
1,35
1,80
Vigo-Nigrán
14,784
1,15
1,75
2,30

Vigo-A Ramallosa

13,198
1,05
1,55
2,05
Vigo-Baiona
22,000
1,70
2,60
3,45

A Ramallosa-Baiona

8,795
0,70
1,05
1,40
Nigrán-Baiona
14,784
1,15
1,75
2,30

Nigrán-A Ramallosa

4,686
0,35
0,55
0,75
Vincios-Gondomar
7,112
0,55
0,85
1,10
Vincios-Nigrán
10,553
0,85
1,25
1,65

Vincios-A Ramallosa

8,967
0,70
1,05
1,40
Vincios-Baiona
17,769
1,40
2,10
2,80

DIFERENCIA con e sen conxelación = AFORRO USUARIOS

AG57
Distancia
Lixeiros
Pesados 1
Pesados 2
IVA 21%
IVA 21%
IVA 21%
Vigo-Vincios
4,822
0,05
0,10
0,10
Vigo-Gondomar
11,343
0,10
0,15
0,20
Vigo-Nigrán
14,784
0,15
0,20
0,30

Vigo-A Ramallosa

13,198
0,10
0,20
0,30
Vigo-Baiona
22,000
0,25
0,35
0,45

A Ramallosa-Baiona

8,795
0,10
0,10
0,15
Nigrán-Baiona
14,784
0,15
0,20
0,30

Nigrán-A Ramallosa

4,686
0,05
0,05
0,10
Vincios-Gondomar
7,112
0,10
0,10
0,15
Vincios-Nigrán
10,553
0,10
0,15
0,20

Vincios-A Ramallosa

8,967
0,10
0,15
0,20
Vincios-Baiona
17,769
0,20
0,25
0,35

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/12/2023