A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, firmou este acordo, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, con Autoestradas de Galicia
A Xunta asina o convenio para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas autonómicas e seguir aplicando as bonificacións vixentes
Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5 M€ para conxelar as tarifas e manter os descontos o próximo ano nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor
A conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas evita o incremento do 3,3% das tarifas que suporía o aumento do IPC
Continuará a aplicación das bonificacións habilitadas por recorrencia, en horario nocturno ou para as familias numerosas
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe o convenio co que a Xunta manterá conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) e continuará aplicando as bonificacións vixentes.
Vázquez Mourelle asinou co director xeral da concesionaria Autoestradas de Galicia, César Canal, este acordo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da aprobación do convenio, autorizado no Consello da Xunta do pasado día 14 de decembro: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231229/AnuncioG0533-201223-0001_gl.html
Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5M€ para conxelar as tarifas das peaxes e manter os descontos vixentes o próximo ano nas autoestradas autonómicas: por recorrencia, en horario nocturno e para as familias numerosas.
Esta medida ten como obxectivo mitigar o impacto na economía das familias por mor da crise enerxética, de abastecemento e de prezos de materiais.
Esta conxelación das tarifas evita un aumento do 3,3% do importe das peaxes, tal e como correspondería polo incremento do IPC.
Deste xeito, as peaxes en AG-55 e AG-57 manteñen as tarifas vixentes para os distintos itinerarios, beneficiándose do efecto desta medida nos diferentes treitos.
Esta medida supón que, por exemplo, para un usuario habitual da autoestrada Vigo-Baiona o aforro sexa duns 235 € no 2024; e de 343 € no caso do percorrido A Coruña-Carballo.
Se se trata dun membro de familia numerosa, o aforro será de case 560 € no ano 2024 no percorrido Vigo-Baiona e de case 840 € no percorrido A Coruña-Carballo.
Cadros das variacións das peaxes 2024 na AG-55 e na AG-57
PEAXES AG55 2024 sen conxelación | |||||||||
Itinerarios | Distancia | Lixeiros | Pesados 1 | Pesados 2 | |||||
IVA 21% | IVA 21% | IVA 21% | |||||||
A Coruña-Arteixo | 7,126 | 0,65 | 0,95 | 1,25 | |||||
Arteixo-Paiosaco | 9,615 | 0,85 | 1,30 | 1,70 | |||||
Arteixo-Laracha | 16,151 | 1,45 | 2,15 | 2,85 | |||||
Arteixo-Carballo | 25,969 | 2,30 | 3,45 | 4,60 | |||||
Paiosaco-Laracha | 7,193 | 0,65 | 0,95 | 1,30 | |||||
Paiosaco-Carballo | 17,011 | 1,50 | 2,25 | 3,00 | |||||
Laracha-Carballo | 10,953 | 0,95 | 1,45 | 1,95 | |||||
A Coruña-Puerto Exterior | 1,967 | 0,15 | 0,25 | 0,35 | |||||
Puerto Exterior- A Coruña | 2,297 | 0,20 | 0,30 | 0,40 | |||||
Arteixo-Puerto Exterior | 3,427 | 0,30 | 0,45 | 0,60 | |||||
Puerto Exterior- Arteixo | 3,168 | 0,30 | 0,40 | 0,55 | |||||
PEAXES AG55 a aplicar 2024 | |||||||||
AG55 | Distancia | Lixeiros | Pesados 1 | Pesados 2 | |||||
IVA 21% | IVA 21% | IVA 21% | |||||||
A Coruña-Arteixo | 7,126 | 0,55 | 0,85 | 1,10 | |||||
Arteixo-Paiosaco | 9,615 | 0,75 | 1,15 | 1,50 | |||||
Arteixo-Laracha | 16,151 | 1,25 | 1,90 | 2,55 | |||||
Arteixo-Carballo | 25,969 | 2,05 | 3,05 | 4,05 | |||||
Paiosaco-Laracha | 7,193 | 0,55 | 0,85 | 1,15 | |||||
Paiosaco-Carballo | 17,011 | 1,35 | 2,00 | 2,65 | |||||
Laracha-Carballo | 10,953 | 0,85 | 1,30 | 1,70 | |||||
A Coruña-Puerto Exterior | 1,967 | 0,15 | 0,25 | 0,30 | |||||
Puerto Exterior- A Coruña | 2,297 | 0,20 | 0,25 | 0,35 | |||||
Arteixo-Puerto Exterior | 3,427 | 0,25 | 0,40 | 0,55 | |||||
Puerto Exterior- Arteixo | 3,168 | 0,25 | 0,35 | 0,50 | |||||
DIFERENCIA con e sen conxelación = AFORRO USUARIOS | |||||||||
AG55 | Distancia | Lixeiros | Pesados 1 | Pesados 2 | |||||
IVA 21% | IVA 21% | IVA 21% | |||||||
A Coruña-Arteixo | 7,126 | 0,10 | 0,10 | 0,15 | |||||
Arteixo-Paiosaco | 9,615 | 0,10 | 0,15 | 0,20 | |||||
Arteixo-Laracha | 16,151 | 0,20 | 0,25 | 0,30 | |||||
Arteixo-Carballo | 25,969 | 0,25 | 0,40 | 0,55 | |||||
Paiosaco-Laracha | 7,193 | 0,10 | 0,10 | 0,15 | |||||
Paiosaco-Carballo | 17,011 | 0,15 | 0,25 | 0,35 | |||||
Laracha-Carballo | 10,953 | 0,10 | 0,15 | 0,25 | |||||
A Coruña-Puerto Exterior | 1,967 | 0,00 | 0,00 | 0,05 | |||||
Puerto Exterior- A Coruña | 2,297 | 0,00 | 0,05 | 0,05 | |||||
Arteixo-Puerto Exterior | 3,427 | 0,05 | 0,05 | 0,05 | |||||
Puerto Exterior- Arteixo | 3,168 | 0,05 | 0,05 | 0,05 | |||||
PEAXES AG57 2024 sen conxelación | |||||||||
Itinerarios | Distancia | Lixeiros | Pesados 1 | Pesados 2 | |||||
IVA 21% | IVA 21% | IVA 21% | |||||||
Vigo-Vincios | 4,822 | 0,45 | 0,65 | 0,85 | |||||
Vigo-Gondomar | 11,343 | 1,00 | 1,50 | 2,00 | |||||
Vigo-Nigrán | 14,784 | 1,30 | 1,95 | 2,60 | |||||
Vigo-A Ramallosa | 13,198 | 1,15 | 1,75 | 2,35 | |||||
Vigo-Baiona | 22,000 | 1,95 | 2,95 | 3,90 | |||||
A Ramallosa-Baiona | 8,795 | 0,80 | 1,15 | 1,55 | |||||
Nigrán-Baiona | 14,784 | 1,30 | 1,95 | 2,60 | |||||
Nigrán-A Ramallosa | 4,686 | 0,40 | 0,60 | 0,85 | |||||
Vincios-Gondomar | 7,112 | 0,65 | 0,95 | 1,25 | |||||
Vincios-Nigrán | 10,553 | 0,95 | 1,40 | 1,85 | |||||
Vincios-A Ramallosa | 8,967 | 0,80 | 1,20 | 1,60 | |||||
Vincios-Baiona | 17,769 | 1,60 | 2,35 | 3,15 | |||||
PEAXES AG57 a aplicar 2024 | |||||||||
AG57 | Distancia | Lixeiros | Pesados 1 | Pesados 2 | |||||
IVA 21% | IVA 21% | IVA 21% | |||||||
Vigo-Vincios | 4,822 | 0,40 | 0,55 | 0,75 | |||||
Vigo-Gondomar | 11,343 | 0,90 | 1,35 | 1,80 | |||||
Vigo-Nigrán | 14,784 | 1,15 | 1,75 | 2,30 | |||||
Vigo-A Ramallosa | 13,198 | 1,05 | 1,55 | 2,05 | |||||
Vigo-Baiona | 22,000 | 1,70 | 2,60 | 3,45 | |||||
A Ramallosa-Baiona | 8,795 | 0,70 | 1,05 | 1,40 | |||||
Nigrán-Baiona | 14,784 | 1,15 | 1,75 | 2,30 | |||||
Nigrán-A Ramallosa | 4,686 | 0,35 | 0,55 | 0,75 | |||||
Vincios-Gondomar | 7,112 | 0,55 | 0,85 | 1,10 | |||||
Vincios-Nigrán | 10,553 | 0,85 | 1,25 | 1,65 | |||||
Vincios-A Ramallosa | 8,967 | 0,70 | 1,05 | 1,40 | |||||
Vincios-Baiona | 17,769 | 1,40 | 2,10 | 2,80 | |||||
DIFERENCIA con e sen conxelación = AFORRO USUARIOS | |||||||||
AG57 | Distancia | Lixeiros | Pesados 1 | Pesados 2 | |||||
IVA 21% | IVA 21% | IVA 21% | |||||||
Vigo-Vincios | 4,822 | 0,05 | 0,10 | 0,10 | |||||
Vigo-Gondomar | 11,343 | 0,10 | 0,15 | 0,20 | |||||
Vigo-Nigrán | 14,784 | 0,15 | 0,20 | 0,30 | |||||
Vigo-A Ramallosa | 13,198 | 0,10 | 0,20 | 0,30 | |||||
Vigo-Baiona | 22,000 | 0,25 | 0,35 | 0,45 | |||||
A Ramallosa-Baiona | 8,795 | 0,10 | 0,10 | 0,15 | |||||
Nigrán-Baiona | 14,784 | 0,15 | 0,20 | 0,30 | |||||
Nigrán-A Ramallosa | 4,686 | 0,05 | 0,05 | 0,10 | |||||
Vincios-Gondomar | 7,112 | 0,10 | 0,10 | 0,15 | |||||
Vincios-Nigrán | 10,553 | 0,10 | 0,15 | 0,20 | |||||
Vincios-A Ramallosa | 8,967 | 0,10 | 0,15 | 0,20 | |||||
Vincios-Baiona | 17,769 | 0,20 | 0,25 | 0,35 |