Unha ducia de estudantes de ensinanzas artísticas superiores e profesionais acadan os premios fin de carreira e extraordinarios da Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica as listaxes de persoas beneficiadas destes galardóns

O obxectivo é recoñecer o desempeño excelente destes estudantes en ámbitos como a música, a danza, as artes plásticas e o deseño

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

Unha ducia de estudantes de ensinanzas artísticas veñen de acadar os premios da Xunta de Galicia que recoñecen o seu desempeño excelente. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores e dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño.

No caso dos galardóns de fin de carreira, recoñecen o labor do alumnado que rematou brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2022/23, nos centros dependentes da Xunta de Galicia.

Tal e como recolle a orde de convocatoria, as persoas premiadas reciben unha dotación económica de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción, certificando que se trata do estudante que conta co mellor expediente académico de entre aos solicitantes.

A listaxe de beneficiarios é a seguinte:
Centro
Estudante
Modalidade
Especialidade
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Iván Fernández Diéguez
Arte Dramática
Dirección Escénica e Dramaturxia

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Andrea Leis Regueiro
Conservación e Restauración de Bens Culturais
Bens Arqueolóxicos

Escola de Arte e Superior
de Deseño Mestre Mateo

David Vila Moreira
Deseño
Moda

Escola de Arte e Superior
de Deseño Ramón Falcón

Pablo Rodríguez Regueiro
Deseño
Interiores
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Lucas López López
Música
Interpretación (canto)
Conservatorio Superior de Música da Coruña
Sandra Galera Martínez
Música
Composición

No que atinxe aos premios extraordinarios, distinguen o traballo de alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2022/23. Para acceder a estes galardóns, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos.

De acordo co establecido na convocatoria, os estudantes premiados reciben un galardón de 1.000€ e un diploma acreditativo.

A listaxe de estudantes beneficiarios é a seguinte:
Centro
Estudante
Ámbito
Especialidade

Conservatorio Profesional
de Música de Santiago

Sergio Manteiga García
Música
Trombón

Conservatorio Profesional
de Música de Vigo

Miguel Veloso Rodríguez-Gironés
Música
Óboe

Conservatorio Profesional
de Música de Vigo

Daniel Pérez Torres
Música
Frauta travesa

Conservatorio Profesional
de Danza de Lugo

Ignacio Illán Sastre
Danza
Danza contemporánea

Escola de Arte e Superior
de Deseño Ramón Falcón

María Isabel Vázquez Rodríguez
Artes plásticas e deseño
Cerámica artística

Escola de Arte e Superior
de Deseño Antonio Faílde

Raúl Iglesias Pérez
Artes plásticas e deseño
Fotografía

Data de actualización: 29/12/2023