Diego Calvo realiza unha visita institucional a Carballeda de Avia

Carballeda de Avia (Ourense), 27 de decembro de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, realizou hoxe unha visita institucional a Carballeda de Avia para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local e ao deporte.

 

O percorrido pola localidade incluíu entre outros puntos o colexio público, no que se mellorou a eficiencia enerxética, e o pavillón de Abelenda, onde se habilitaron aseos e vestiarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/12/2023