A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realiza un chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas
A maioría das reservas dos grupos sanguíneos amosan niveis baixos debido a un aumento das necesidades dos hospitais galegos, en especial o Cero Negativo
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo.
A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial
Desprazamentos
Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:
DATA | CONCELLOS |
Martes 26 de decembro | Praza de España (Ferrol), Los Rosales (A Coruña), Coristanco, Negreira, Cabo de Cruz (Boiro), Catoira, O Calvario (Vigo), Ponteareas, Mondoñedo, Leiro, Beade, Pobra de Trives. |
Mércores 27 de decembro | Ares, Os Mallos (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), Melide, Praza Roxa (Santiago), Moraña, As Travesas (Vigo), Ponteareas, Praza Maior (Lugo) Trasmiras, Cualedro. |
Xoves 28 de decembro | Ortigueira, Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Malpica, Bertamiráns (Ames), A Picota (Mazaricos), Cuntis, Teis (Vigo), Gondomar, Sarria, O Barco de Valdeorras. |
Venres 29 de decembro | Fene, Cee, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, Trazo, A Estrada, Tui, Cabral (Vigo), Vilalba, Allariz. |
Sábado 30 de decembro | Fene, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, A Estrada, Tui, Vilalba. |
CENTRO | HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO | Luns a venres das 8 ás 22 horas Sábado das 8 ás 15 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA | Luns a venres das 8 ás 22 horas Sábado das 8 ás 15 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL | Luns das 15 ás 22 horas Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO | Luns e venres das 15 ás 22 horas Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas |
PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE | Luns das 15 ás 22 horas Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas Venres das 15 ás 22. horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Luns e venres de 8 ás 15 horas Martes, mércores e xoves das 15 ás 22 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a venres das 8 ás 22 horas Sábados das 8 ás 15 horas |
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.