A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Lalín a prol do rural deste municipio pontevedrés

Lalín (Pontevedra), 26 de decembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse este mediodía co alcalde de Lalín, José Crespo, na Casa consistorial da capital do Deza.

A xuntanza, na que tamén participaron outros membros do Goberno lalinense e técnicos da Consellería, serviu para avaliar diferentes asuntos de interese, como o futuro edificio de servizos integrados da Xunta na localidade, ademais doutras liñas de colaboración institucional entre ambas administracións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/12/2023