Fabiola García desexa unhas felices festas aos usuarios e ao persoal do centro residencial García Hermanos de Betanzos
2023-12-25
/documents/35297/43483/4bde64b6-8ee5-4e4e-8628-0f782c7e363e.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Betanzos (A Coruña), 25 de decembro de 2023
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, estivo hoxe co persoal e usuarios do centro residencial García Hermanos en Betanzos, aos que desexou unhas felices festas e os seu mellores desexos para o ano que vén.
Fabiola García sinalou que no 2024 a atención aos maiores e persoas con dependencia seguirá sendo un dos eixes centrais para a Xunta de Galicia. Neste sentido, sinalou que o Executivo autonómico fíxase entre os seus obxectivos seguir mellorando os coidados e atencións neste ámbito, consolidando todo o feito ata agora e poñendo en marcha novas medidas como o Bono Coidado no Fogar ou o complemento ao Bono Residencia.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 25/12/2023