Fabiola García visita as persoas usuarias da residencia de maiores Remanso da Coruña

A Coruña, 24 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá as persoas usuarias da residencia de maiores Remanso da Coruña para felicitarlles as festas e desexarlle os mellores desexos para o ano que vén.

Fabiola García sinalou que o ano 2024 estará cargado de medidas e programas que melloren o benestar das persoas maiores, tanto daquelas que viven en residencia como as que viven nos seus fogares. Entre elas, sinalou, atópanse o novo Bono Coidado no Fogar e o complemento ao Bono Residencia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/12/2023