A Xunta felicita á comunidade educativa do colexio CPI Alfonso VII de Caldas polo seu 50 aniversario e destaca o seu afán de mellora

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación participa no acto de conmemoración da efeméride

Caldas de Reis (Pontevedra), 23 de decembro de 2023

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Jesús Álvarez, participou hoxe no 50 aniversario do Colexio CPI Plurilingüe Alfonso VII, en Caldas de Reis, onde destacou a “constancia, fortaleza e un afán permanente de mellora desta centro”.

O representante da Xunta de Galicia salientou a capacidade deste centro para “transformarse acorde ás esixencias da sociedade e poñer o foco en materias que son hoxe fundamentais como a igualdade ou a sustentabilidade, esforzándose por buscar sinerxías con axentes e institucións culturais e empresariais para enriquecer o seu programa académico, ademais de para fortalecer a rede cultural e educativa municipal con novos aliados”.

O director xeral felicitou á comunidade educativa por este aniversario e animounos a seguir traballando en prol dun futuro prometedor, que responda ás retos do ensino do século XXI ao tempo que mantén o centro como un nexo de unión entre varias xeracións de caldenses.

Data de actualización: 23/12/2023