A Xunta e o concello de Bande avanzan na colaboración en materia de prevención de incendios forestais

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse en San Lázaro coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, para avanzar na colaboración institucional en materia de prevención de incendios forestais.

Así, ambas partes abordaron o desenvolvemento da nova Base de Unidade Operativa (BUO) de Bande para a loita contra os lumes, na que se investirán arredor de 550.000 euros no 2024, e que tamén se destinará ás dependencias do distrito forestal XV-A Limia, no marco do Plan de infraestruturas da Consellería do Medio Rural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/12/2023