Arranca a nova oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas da Secretaría Xeral de Emigración cofinanciada polo Fondo Social Europeo (programa FSE+)

Esta oficina móbil, que complementará ás xa existentes oficinas permanentes, ofrecerá unha ampla gama de servizos

Santiago de Compostela, lunes 25 de decembro

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia pon en marcha a súa nova Oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas cofinanciada polo Fondo Social Europeo. Un recurso innovador para facilitar a integración no proceso de retorno das persoas galegas. Un punto de atención presencial móbil coa finalidade de prestar un servizo de información e asesoramento para as persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias, co obxtecto de responder as demandas e necesidades derivadas do retorno.

Durante os vindeiros meses, a Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas percorrerá os concellos de Galicia, estendendo o seu alcance a cada rincón da nosa comunidade. Este esforzo permitirá achegar os servizos e apoios necesarios para unha integración efectiva dos nosos emigrantes retornados, abarcando as vilas do rural galego e a súa zona de influencia. Os diferentes concellos de Galicia recibirán a visita desta oficina itinerante, asegurando que ninguén quede sen acceso ás ferramentas e recursos necesarios para facilitar o seu retorno a Galicia."

Esta oficina móbil, que complementará ás xa existentes oficinas permanentes, ofrecerá unha ampla gama de servizos:

Asesoramento Personalizado: Persoal profesional cualificado proporcionarán orientación individualizada sobre os procesos e requisitos necesarios para un retorno exitoso, axudando a navegar polas complexidades administrativas.

Información sobre Programas de Retorno: A oficina facilitará información detallada sobre programas de apoio deseñados para axudar aos emigrantes no seu regreso e adaptación a Galicia, incluíndo axudas económicas, programas de inserción laboral, e máis.

Xestión de Trámites: Este servizo prestará apoio aos interesados na xestión os diferentes trámites administrativos necesarios para o retorno.

Orientación Laboral e Profesional: A oficina ofrecerá asesoramento en canto a oportunidades de emprego en Galicia, así como orientación para a validación de títulos estranxeiros e a inserción profesional no mercado laboral galego.

Soporte en Materia de Vivenda e Educación: A oficina proporcionará información sobre opcións de vivenda e detalles sobre o sistema educativo galego, esenciais para as familias que retornan con nenos.

A oficina móbil resulta máis accesible para toda a poboación retornada grazas á súa capacidade de desprazarse a diferentes localizacións, achegando estes valiosos servizos ás persoas que se atopen lonxe das oficinas permanentes ( Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense y Vigo). Con este novo recurso, a Secretaría de Emigración reafirma o seu compromiso con facilitar o retorno dos galegos e as súas familias, fortalecendo os lazos coa comunidade galega no mundo.

Número de teléfono: 900 103 722

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/12/2023