A Xunta inviste preto de 40.000 euros nas obras de urbanización dunha rúa en Grou, no concello de Lobios

As actuacións enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o Executivo galego e o Concello para acondicionar esta zona do lugar de Cima de Vila

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2023

A Xunta inviste preto de 40.000 euros nas obras de urbanización dunha rúa en Cima de Vila, na parroquia de Grou, no concello ourensán de Lobios. A actuación implica a mellora da imaxe da contorna actuando sobre a vía que atravesa esta zona.

Este investimento enmárcase no convenio de colaboración asinado recentemente pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Lobios, María do Carme Yáñez, co que se financian o 100% das intervencións.

A finalidade dos traballos é mellorar as condicións básicas de accesibilidade aos espazos de infraestrutura pública e dos asentamentos da poboación, o que tamén favorecerá o aproveitamento turístico do lugar de Cima de Vila. Entre os obxectivos destes labores está tamén a revitalización do territorio e da súa riqueza paisaxística.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/12/2023