A Xunta aposta pola colaboración con outras administracións, entidades e axentes sociais para mellorar a atención ás persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria Antón Acevedo, visitou hoxe o centro de día Saraiva, en Ames

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe que a atención ás persoas maiores é un dos eixes centrais das políticas da Xunta de Galicia. Díxoo durante unha visita ao centro de día de Saraiva en Ames. Nesta liña, engadiu que para que esta atención sexa a mellor posible fai falta a colaboración e coordinación entre as distintas administracións e coas entidades e axentes sociais.

Ademais, Antón Acevedo mantivo un encontro con membros do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia durante o que abordou diferentes liñas de colaboración a explorar entre a Xunta e esta entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2023