O Mercado de Nadal de Ourense pon en valor os productos de Artesanía de Galicia

O delegado provincial, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal que se pode visitar no 2º andar do Liceo de Ourense ata o xoves 5 de xaneiro

A Fundación Artesanía de Galicia apoia este evento de comercialización do produto artesán galego durante a campaña de Nadal, no que participan 8 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na cerámica, na bixutería e na madeira
 

Ourense, 20 de decembro de 2023

O delegado provincial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal, que se pode visitar ata o xoves 5 de xaneiro no 2º andar do Liceo de Ourense. O evento, que ten como lema “Vive o Nadal con Artesanía de Galicia” está organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense e conta co patrocinio da Xunta co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego e da marca Artesanía de Galicia durante a campaña de Nadal.

A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóiase este mercado no que participan 8 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na cerámica, na bixutería e na madeira. O Mercado de Nadal de Ourense está aberto ao público entre hoxe e o xoves 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 22:00 horas.

Os obradoiros de Artesanía de Galicia que participan no Mercado de Nadal de Ourense son Artesanía Nia (Pontedeume), Luciérnaga (Barbadás) Rosa Fraiz (Vigo), María Aba (Ourense), Olería do Batán (Baños de Molgas) Bangus (Ourense), Mario López (Vigo) e Mestura de kores (Vigo)

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2023