Xosé Merelles participa na presentación de La Vuelta 24, que contará con catro etapas en Galicia

O director de Turismo de Galicia asiste ao acto oficial no que se anunciou o percorrido da proba ciclista que permitirá promover varios destinos galegos

Madrid, 19 de decembro de 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu hoxe á presentación oficial do percorrido de La Vuelta 24, onde Galicia volverá ter protagonismo con ata catro etapas no itinerario.  A 79ª edición comezará o 17 de agosto en Lisboa e rematará o 8 de setembro en Madrid. Durante as súas 21 etapas, contará con 10 saídas e 6 metas e visitará nove comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia.

En concreto, á Comunidade galega chegará na segunda semana de competición. A etapa 10 comezará na provincia de Pontevedra cunha xornada ente Ponteareas e Baiona. A etapa 11 será desde o Campus Tecnolóxico Cortizo en Padrón, que acollerá a saída e chegada. A xornada 12 sairá da cidade de Ourense, percorrerá parte da Ribeira Sacra e encarará a ascensión final á Estación de Montaña de Manzaneda. A despedida de Galicia chegará cunha última etapa de montaña entre Lugo e o Porto de Ancares, na xornada 13.

Data de actualización: 19/12/2023