O director xeral de Cultura celebra a incorporación de novos talentos como Sara Vila ás letras galegas

A escritora recolle o XLII Premio de Novela Blanco Amor pola súa obra ‘O Incendio’

Ourense, 19 de decembro de 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe na entrega do XLII Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor a Sara Vila pola súa obra O Incendio.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades celebrou a incorporación de novos talento ás letras galegas como esta escritora e xornalista que, malia á súa xuventude, xa ten acadado, dous importantes recoñecementos na literatura galega, este galardón e o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos.

Anxo M. Lorenzo puxo en valor tamén a temática da obra, que aborda temas de plena actualidade como o acoso escolar e as relacións familiares. “Estou seguro que esta novela vai ser unha gran éxito entre os lectores de todas as idades”, afirmou. O director xeral agradeceu, así mesmo, a iniciativa da Deputación de Ourense con este galardón, un dos máis consolidados do panorama literario galego.

Data de actualización: 19/12/2023