Fabiola García recibe a usuarios do centro ocupacional O Saiar

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recibiu hoxe a persoas usuarias do centro ocupacional O Saiar de Caldas de Reis, que lle fixeron entrega de pezas de decoracións de nadal feitas por eles mesmos. 

Fabiola García desexoulles unhas boas festas e agradeceulles o detalle. Ademais, puxo en valor o traballo que realizan nos diferentes talleres que desenvolve a entidade: cestería, artesanía, encadernación ou xardinería, entre outros.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/12/2023