A Xunta avanza na reconstrución da ponte de Ponte Arnelas coa fabricación en taller da nova estrutura metálica que se colocará

Nas vindeiras semanas prevese a ensamblaxe final en taller dos módulos da estrutura e o seu pintado, como traballos previos ao traslado in situ

Nas inmediacións das obras tamén están a piques de finalizar as intervencións das pilas previstas

A actuación, no seu conxunto, contemplou o apuntalamento da ponte, o arriostramento transversal e a desmontaxe dos pretís de formigón, así como a colocación de tubaxes provisionais de abastecemento

A Xunta progresa na solución definitiva de reconstrución da ponte, trasladada aos concellos de Vilanova de Arousa e de Ribadumia, e que supón un investimento autonómico de máis de 5,3 M€

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

A Xunta avanza na reconstrución da ponte de Ponte Arnelas coa fabricación en taller da nova estrutura metálica que se colocará.

Nas próximas semanas prevese a ensamblaxe final en taller dos módulos da estrutura e o seu pintado, como traballos previos ao traslado da estrutura in situ.

Nas inmediacións das obras tamén están a piques de finalizar as intervencións relativas ás pilas previstas.

Cómpre lembrar que polas copiosas chuvias de comezos de outono, que fixeron que o caudal do río medrase substancialmente, se produciu un retraso nos traballos das cimentacións somerxidas.

Unha vez finalizada a desmontaxe, as actuacións están a centrarse actualmente no inicio das cimentacións das pilas, uns traballos que se prolongarán durante as vindeiras semanas.

Esta actuación, no seu conxunto, contemplou o apuntalamento da ponte, o arriostramento transversal e a desmontaxe dos pretís de formigón, así como a colocación de tubaxes provisionais de abastecemento.

Trátase da solución definitiva para a reconstrución da ponte, xa trasladada aos concellos de Vilanova de Arousa e de Ribadumia, que suporá un investimento autonómico de máis de 5,3 millóns de euros.

Cómpre lembrar que, tras detectarse en abril danos en varias péndoas que provocaron que a calzada cedese parcialmente, a Xunta comezou a traballar de inmediato para acometer esta intervención sobre o treito do río, que suporá mudar a tipoloxía e a fisionomía da ponte, que perderá o seu arco e os seus tirantes, pero gañará notablemente en estética e integración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/12/2023