O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe no acto conmemorativo do Internacional das Persoas Migrantes organizado por Ecos do Sur

A Xunta destina preto de 3,5 M€ ao ano a programas dirixidos a persoas inmigrantes

O Goberno galego financia o desenvolvemento de accións formativas, de inclusión socio-laboral, de asesoramento e apoio educativo, entre outras iniciativas

A Coruña, 18 de decembro de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reiterou hoxe o compromiso da Xunta coa integración das persoas que chegan á nosa comunidade desde outros países e “conviven con nós no día a día, contribuíndo a facer Galicia”. Díxoo nos actos organizados por Ecos do Sur con motivo do Día Internacional das Persoas Migrantes. 

Neste sentido, Arturo Parrado apuntou que desde o Goberno galego trabállase en medidas que promovan a inclusión social destas persoas, en colaboración con outras Administración públicas e entidades de iniciativa social. En concreto, indicou que a Xunta destina preto de 3,5 millóns de euros para programas específicos dirixidos ás persoas inmigrantes: asesoramento, accións formativas, inclusión sociolaboral, apoio educativo, aprendizaxe de linguas, etc. 

O director xeral tamén destacou a acollida e solidariedade do pobo galego con estas persoas, das que salientou que veñen con gañas de aportar, integrase na sociedade e saír adiante, mellorando as súas condicións de vida.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/12/2023