A conselleira de Política Social e Xuventude participou esta tarde nas xornadas organizadas por esta entidade polo seu 25º aniversario, en Santiago de Compostela

Fabiola García felicita a Inserta Emprego polos seus 25 anos favorecendo a inserción laboral das persoas con discapacidade

Agradece a esta entidade e ao Grupo Social Once a súa colaboración no fomento dunha sociedade máis igualitaria, solidaria e xusta

Lembra que o Goberno galego destinará o vindeiro ano máis fondos ca nunca á discapacidade, ao superar os 170 millóns de euros de investimento

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, felicitou a Inserta Emprego, do Grupo Social Once, polos seus 25 anos favorecendo a inserción laboral das persoas con discapacidade. Fíxoo durante a súa intervención nas xornadas organizadas pola entidade para celebrar este aniversario que tiveron lugar esta tarde no centro sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.

 

A conselleira agradeceu ao tecido social a súa colaboración para mellorar o día a días das persoas con discapacidade e para fomentar unha sociedade máis igualitaria, solidaria e xusta. Neste sentido, lembrou que a Xunta de Galicia destinará o vindeiro ano máis fondos que nunca nesta materia, ao superar por vez primeira os 170 millóns de euros de investimento.

 

Fabiola García apuntou que o Goberno galego seguirá colaborando con Inserta Emprego para mediar na relación entre as empresas e as persoas con discapacidade e favorecer un emprego inclusivo. Cada ano máis de 800 persoas con discapacidade conseguen un traballo gracias a esta entidade e, nestes 25 anos, conseguiron implicar a máis de 3.500 empresas galegas na construción dun mundo mellor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/12/2023