Rivo avoga pola singularidade do Camiño na presentación do libro A Narratio Xacobea

Ourense, 14 de decembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación da publicación A narratio xacobea, escrita polo aventureiro ourensán Alberto Cacharrón, na que dá coñecer a través dun relato ilustrado a historia de Santiago El Mayor e das rutas xacobeas.

Rivo destacou as boas cifras de peregrinos que segue a acadar o Camiño de Santiago, con máis compostelas ca nunca rexistradas en 2023, a pesares de non ser Ano Santo. Referendou o compromiso da Xunta de Galicia para facer da peregrinación unha experiencia vital inesquecible, co mantemento da rede de albergues públicos, os sendeiros, a sinalización e os Bens de Interese Cultural que se atopan nas diferentes rutas. “Facer o Camiño é algo singular que merece ser vivido”, indicou a conselleira, quen apostou por seguir a difundir o seu patrimonio e a universalizalo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/12/2023