A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asiste en Ourense a unha misa na honra de Santa Lucía
2023-12-13
/documents/35297/43477/20231213+Rivo+Santa+Lucia+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 13 de decembro de 2023
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu hoxe a unha misa co gallo da festividade de Santa Lucía, que tivo lugar na igrexa da parroquia ourensá de Santa Lucía de Rairo.
A misa ten lugar días despois do inicio da novena en honor a Santa Lucía, cando a imaxe custodiada na capela procesiona ata a igrexa, onde se dispón un pequeno altar no presbiterio para a súa veneración co gallo do día de hoxe.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 13/12/2023