A Xunta dá a benvida aos participantes nas V Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na inauguración deste encontro

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe as V Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia en Galicia, organizadas por Unicef e que se desenvolven na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Este encontro ten entre os seus obxectivos apoiar aos concellos na mellora das súas políticas de infancia e adolescencia no ámbito local.

Jacobo Rey deu a benvida ás xornadas aos técnicos de entidades locais, expertos e profesionais que traballan neste ámbito. Así mesmo, lembrou a importancia de que a voz dos nenos e adolescentes se teña en conta nos procesos de toma de decisións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/12/2023