A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na inauguración da exposición que acollerá a Igrexa da USC

A Xunta dá a coñecer os premiados en Moda e Xoias do programa Xuventude Crea

Na categoría de Moda, o primeiro premio foi para a moza María Albores, de Boiro; mentres que o segundo foi para Julia Lameiro, de Ames; e o terceiro para a viguesa Noemi Comesaña

En Deseño de Xoias, o primeiro premio foi para Adrián Abal, de Negreira; o segundo para Daniela Alonso, de Santiago; e o terceiro para Mª Madelen Ramos, de Vigo

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta tarde na inauguración da exposición de Moda e Deseño de Xoias do programa Xuventude Crea que acollerá a Igrexa da USC, que se poderá visitar ata o vindeiro 8 de xaneiro. Durante a presentación, na que participou a vicerreitora de Cultura da Universidade de Santiago, Pilar Murias, tamén se deron a coñecer os gañadores deste ano nestas dúas categorías, os últimos que quedaban por coñecerse de entre as 14 especialidades existentes no programa.

Na categoría de Moda o primeiro premio foi para María Albores, de Boiro, pola súa obra Un wenn sie nicht gestkregen sie, dann lieben sie noch heute; o segundo premio foi para Julia Lameiro, de Ames, por Lilith; mentres que o terceiro premio recaeu en Noemi Comesaña, de Vigo, por Albatros.

Pola súa banda, na categoría de Xoias o primeiro premio foi para Adrián Abal, de Negreira, pola súa obra Camisetría; o segundo foi para Daniela Alonso, de Santiago, por La cumbia de mis mostruos TL Pista; e o terceiro foi para Mª Madelen Ramos, de Vigo, por De mi tierra. 

Premios en metálico

Os gañadores en cada unha destas especialidades recibirán un premio en metálico de 3.000 euros, os segundos clasificados levarán 1.500 euros e a dotación económica para os terceiros é de 1.000 euros. O Goberno galego apoia o talento da mocidade galega a través do programa Xuventude Crea, que está a celebrar a súa edición número 14.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2023