A Xunta somete a exposición pública a aprobación inicial do Plan estruturante do polígono de Paderne de Allariz

Prevé o desenvolvemento dun novo ámbito de 1.161.674 metros cadrados

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

A Xunta de Galicia avanza na tramitación do futuro parque empresarial de Paderne de Allariz coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia do anuncio polo que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) do mesmo.

Durante un prazo de 20 días hábiles, todos os interesados poderán presentar as alegacións, documentos e xustificantes que estimen pertinentes.

O PEOSE recolle un ámbito desta actuación que comprende un total de 1.161.674 metros cadrados e inclúe dos zonas de desenvolvemento diferido que permitirán adaptar facilmente a configuración do parque ás necesidades existentes no momento da urbanización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2023