Martina Aneiros asiste á reinauguración do hipermercado Alcampo Ferrol

Ferrol, 12 de decembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á reinauguración do hipermercado Alcampo Ferrol trala remodelación á que foron suxeitas estas instalacións nos últimos meses.

Durante a súa intervención, Aneiros lembrou a gran expectación que espertou en Ferrol e a súas comarcas a inauguración desta superficie comercial na década dos 80 e a revolución que supuxo nas experiencias de compra do momento, eloxiando a súa capacidade de adaptación aos novos tempos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2023