Rivo pon en valor os 40 anos de traxectoria da Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense e o seu traballo coas vítimas de violencia de xénero

Ourense, 11 de decembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, gabou hoxe o labor que desenvolve a Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense na visita que fixo ás instalacións desta entidade para coñecer as actividades que levan a cabo.

A titular do departamento autonómico puxo en valor os 40 anos de traxectoria da asociación que defende os dereitos das mulleres viúvas e dos seus fillos, preocupándose pola súa igualdade e pola súa completa integración social, e poñendo o foco nas mulleres migrantes e vítimas de violencia de xénero ou mulleres maiores que viven soas. O apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero é un dos principais traballos que realiza esta entidade, xa que antes de que existise a Lei contra a Violencia de Xénero, axudou a redactar o anteproxecto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/12/2023