A Xunta remata a mellora da rede de saneamento municipal nos núcleos do Coto e Valeixe, no concello de Crecente
Augas de Galicia fixo entrega á administración local destas infraestruturas hidráulicas, que supuxeron un investimento de preto de 50.000
Executouse un novo colector para dar servizo ás vivendas do núcleo do Coto, solucionando o problema da conexión motivado pola diferencia de cota
No núcleo de Valeixe procedeuse ao encamisado do colector co obxectivo solucionar os problemas de capacidade, provocados pola incursión no mesmo de raíces e terras
A Xunta continúa prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento, depuración e abastecemento dun xeito eficiente
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora da rede de saneamento municipal nos núcleos do Coto e Valeixe, no concello de Crecente.
A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de entregarlle as infraestruturas hidráulicas á Administración local.
A intervención, que contou cun investimento de preto de 50.000 euros, consistiu na execución dun novo colector que dá servizo ás vivendas existentes no núcleo do Coto, solucionando así o problema da conexión motivado pola diferencia de cota.
No que respecta ao núcleo de Valeixe as actuacións centráronse no encamisado do colector existente co obxectivo solucionar os problemas de capacidade do mesmo, provocados pola incursión no mesmo de raíces e terras.
A Xunta continúa prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento, depuración e abastecemento dun xeito eficiente.