Ana Ortiz felicita á comunidade venezolana en Vigo no seu aniversario e compromete o apoio da Xunta aos retornados

A delegada territorial participou nos actos con motivo do 20 aniversario da Asociación de Amigos de Venezuela, que congregou a preto de 200 persoas

Vigo, 10 de decembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acudiu este sábado á celebración do 20 aniversario da Asociación de Amigos de Venezuela na que participaron preto de 200 persoas da comunidade do país suramericano na cidade. 

A representante autonómica felicitou ao colectivo e destacou o compromiso do Goberno galego cos retornados. “A Xunta demostrou con feitos o apoio que ofrece a estas persoas e garante a súa permanencia na nosa sociedade, porque o retorno é un dereito que Galicia sempre tivo presente e polo que estamos a traballar día a día desde a administración autonómica”, sinalou. 

Durante os actos celebrados no Pazo dos Escudos, foron galardoados os colectivos Mulleres en Igualdade de Vigo e Vida Digna.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/12/2023