O titular de Mar visitou o mercado que, de cara ás próximas festas, se celebra en Ribadeo

Alfonso Villares insta a levar ás mesas este Nadal os produtos do mar tanto pola súa calidade como polo apoio que supón ao sector marítimo-pesqueiro galego

O conselleiro defende a importancia que consumir peixes, mariscos e conservas nos fogares por ser unha das grandes fontes que contribúen a mellorar a calidade de vida, factores que debería propiciar unha inmediata rebaixa do IVE a estes alimentos

A campaña GALICIA SABE AMAR iniciou a recta final do ano para percorrer a comunidade centrada na saúde, nos eventos de Nadal e nas citas deportivas despois de superar 400 municipios visitados e avanzar cara as 400.000 persoas participantes

A Xunta continuará a reforzar este traballo por levar estes alimentos froito da pesca e da acuicultura de novo ás cestas da compra mentres reclama a rebaixa do IVE

Ribadeo (Lugo), 8 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, aproveitou este venres a súa visita ao Mercado de Nadal que se celebra en Ribadeo para instar a que tanto no día a día como especialmente de cara ás próximas festas as familias leven ás súas mesas os produtos do mar de Galicia, pois a súa altísima calidade suman o importante apoio e respaldo que supón o consumo destes alimentos ao sector marítimo-pesqueiro da comunidade. Ademais apuntou que a inclusión é básica dentro dunha dieta equilibrada que contribúe a incrementar a calidade de vida das persoas consumidoras. 

O conselleiro apuntou que todos estes factores poñen de manifesto que o Goberno central non ten explicación ningunha da súa cerrazón a rebaixar o IVE a peixes, mariscos e conservas, unha reclamación que sector e Xunta lle levan facendo desde hai máis de dous anos, e que seguirán a reclamar. Para Alfonso Villares non é de recibo manter e propiciar este agravio comparativo fronte a outros produtos da cesta da compra que si contan con esta vantaxe fiscal, o que está a propiciar que se consuma menos peixe pola competencia fronte a outras opcións que si están beneficiadas polo recorte.

Aumentar o consumo de peixe é bo en materia de saúde para o conxunto da poboación e bo en materia de actividade marítimo-pesqueira para os homes e mulleres que viven do mar, sinalou o conselleiro, que puxo como exemplo a países como Portugal ou Francia onde si se rebaixaron a fiscalidade. Unha redución á que a Comisión Europea non poría pegas e que estudos encargados a expertos das universidades galegas certifican que lle viría moi ben á economía galega: recortar o IVE á metade (do 10 % actual ao 5%) permitiría xerar preto de 5.600 novos empregos e un valor engadido bruto de 28,5 millóns de euros.    

Mentres se traballa por acadar esa histórica petición de rebaixa fiscal, avalada recentemente polos tres grupos políticos do Parlamento autonómico, Alfonso Villares comprometeuse a manter o pulo das campañas de promoción do consumo da pesca, o marisqueo, a acuicultura e a conservas e, en concreto, propiciar o impulso de cara a final de ano da exitosa GALICIA SABE AMAR.

Despois de que a través de dos foros cos mellores chefs da comunidade celebrados en Vigo, A Coruña, Ourense, Cervo (Lugo) e Santiago e dos roteiros das foodtrucks que permitiron promocionar ao longo e ancho de toda a xeografía galega e española, por máis de 400 municipios e cada vez máis próximos aos 400.000 comensais, os mellores sabores dos produtos do mar de Galicia, de cara á recta final do ano serán a saúde e a calidade o gran reclamo dunhas novas visitas destas gastronetas, que acudirán a feiras e mercados de Nadal, por un lado, e eventos deportivos, por outro.

No que vai de semana xa visitaron Xinzo de Limia, onde se celebrou o campionato provincial federado de campo a través Cross Antioquía, e o estadio Anxo Carro onde o C.D. Lugo saíu vitorioso no seu encontro da Copa do Rei ante o C. D. Mirandés, foodtruck visitada polo conselleiro do Mar que, ademais, desfrutou in situ a trunfo que leva ao equipo lucense a pasar de rolda e enfrontarse agora a un equipa primeira división.

O xoves estiveron no mercado de nadal de Celanova e hoxe acudirán ao de Tui e a Festa do Marisco de O Barqueiro, en Mañón. Este sábado estarán no I Trail do Cervo en Campo Lameiro e a Milla Urbana de Ferrol, e o domingo na XV Carreira Pedestre Popular de Boimorto e no III Trail Monte Breamo 2023 de Pontedeume.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/12/2023