A conselleira de Política Social e Xuventude visitou esta semana aos usuarios da residencia municipal de Boimorto

Fabiola García lembra que a Xunta impulsará o vindeiro ano un complemento universal ao Bono Coidado Residencia

Os orzamentos do vindeiro ano rexistran un 18 % de incremento no ámbito de atención a maiores ata acadar os 540 millóns de euros, o que permitirá ofrecer alternativas tanto para a atención residencial como para o coidado nos propios domicilios

Boimorto (A Coruña), 9 de decembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana os usuarios da residencia municipal de Boimorto, onde puido coñecer de primeira man a boa atención que reciben nestas instalacións. Durante o encontro, lembrou que a Xunta impulsará o vindeiro ano un complemento universal de 1200 euros ao ano ao Bono Coidado en Residencia, que chegará a 10.000 galegos.

 

A conselleira fixo fincapé no compromiso do Goberno galego por garantir que as persoas maiores reciban a atención especializada que necesitan preto das súas contornas habituais. Por iso, ademais deste complemento universal tamén se poñerá á disposición das persoas que son coidadas nas súas propias casas unha axuda de 5000 euros ao ano a través do Bono Coidado no Fogar.

 

Neste sentido, Fabiola García fixo fincapé en que os orzamentos do vindeiro ano 2024 recollen un incremento do 18 % para a atención a maiores ata chegar os 540 millóns de euros. Uns fondos que permitirán atender a todas as persoas que o precisan e atendendo as súas circunstancias particulares: tanto para aquelas que poden seguir vivindo nos seus fogares, como as que precisan atención especializada as 24 horas do día.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/12/2023