A Xunta pon en valor o impacto positivo do plan de conservación territorial ‘Planct-On’ desenvolvido pola Afundación

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro con responsables da Afundación na que presentaron un balance do proxecto ‘Planct-On’ ao responsable autonómico. Trátase dun plan de conservación territorial  multidispciplinar, no que se leva traballando 3 anos, cuxo obxectivo principal é fomentar a conservación e sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar, reducindo a cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras, sensibilizando ao sector pesqueiros sobre prácticas sostibles e aumentar o coñecemento sobre a biodiversidade así como os relativos á Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

O titular de Mar valorou moi positivamente esta iniciativa que incluíu entre outras accións, 36 limpezas de espazos naturais nas que se recolleron preto de 49 toneladas de residuos e animou aos seus promotores a continuar traballando neste sentido, que vai en liña coas políticas despregadas pola Consellería do Mar a prol da protección e conservación dos ecosistemas mariños así como en conseguir unha actividade pesqueira máis sustentable e respectuosa co medio ambiente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/12/2023