A Xunta destaca o labor da Fundación Degén con eventos como a poxa solidaria de obras de arte celebrada hoxe pra recadar fondos para a investigación de enfermidades neurodexenerativas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiron hoxe á poxa solidaria organizada pola Fundación Degén en colaboración coa galería Artby's na que participaron unha vintena de artistas. A Xunta reafirma o compromiso coa innovación no eido das enfermidades neurodexenerativas e pon en valor o labor solidario da Fundación Degén e do seu presidente, Alberto Amil, centrado na investigación e divulgación destas doenzas

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2023