A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou esta tarde na entrega dos Premios Santa Bárbara 2023, organizados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia

A Xunta defende unha minaría sustentable e aliñada coas necesidades do tecido industrial galego

Lorenzana sinala que este é o modelo que a Xunta de Galicia quere para o sector, que ten que ser unha industria estratéxica para a transición enerxética e a loita contra o cambio climático

Avoga por un sector que teña repercusións directas no territorio e que realice as súas actuacións con apego e respecto ao medio ambiente, como buscan a sociedade mixta Recursos de Galicia e a futura lei de recursos naturais
 

Mondariz Balneario (Pontevedra), 1 de decembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, defendeu hoxe unha minería sustentable, e respectuosa co medio ambiente, que maximice os beneficios sociais e económicos e estea aliñada coas necesidades do tecido industrial galego.

Na entrega dos Premios Santa Bárbara 2023, Lorenzana sinalou que este é o modelo que a Xunta de Galicia quere para o sector, que ten que ser unha industria estratéxica para a transición enerxética e a loita contra o cambio climático, abondou.

Segundo dixo, Galicia precisa unha industria mineira forte e competitiva que responda ás necesidades económicas e comerciais. Un sector, engadiu, que teña repercusións directas no territorio e que realice as súas actuacións con apego e respecto ao medio ambiente, como buscan a sociedade mixta Recursos de Galicia e a futura lei de recursos naturais.

Lorenzana concluíu felicitando aos premiados —a empresa Tejas Verea, a xornalista Belén Baños e o investigador da USC Francisco Guitián Rivera— polo papel que desempeñan para a divulgación e o desenvolvemento futuro deste sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2023