A Xunta destaca a importancia que teñen as novas tecnoloxías no ámbito dos coidados ás persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu á presentación da nova aplicación Smart TV da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus)

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á presentación da nova aplicación de Smart TV da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus). O acto celebrouse na Cidade da Cultura.

Antón Acevedo destacou a importancia que teñen as novas tecnoloxías na mellora da calidade de vida das persoas maiores, así como para os profesionais do ámbito dos coidados. Tamén se referiu á aposta que fai a Xunta por fomentar o envellecemento activo e a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2023