A Xunta participa no festival inclusivo Festirititi de Amicos

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou o compromiso da Xunta coa mellora da atención neste ámbito, ao que se dedica no orzamento de 2024 máis de 170 millóns de euros

Boiro (A Coruña), 1 de decembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe na sexta edición do festival da inclusión Festirititi, que organiza Amicos. Alumnado de centros escolares da zona, usuarios e persoal da asociación, así como familiares desfrutaron desta celebración, que incluíu xogos tradicionais, diferentes animacións e obradoiros.

Begoña Abeijón agradeceu a Amicos o seu traballo diario en favor da plena inclusión e, ademais, puxo en valor eventos como o de hoxe porque axudan a dar máis visibilidade ás persoas con discapacidade e a que a sociedade tome unha maior conciencia. A directora xeral reiterou o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade, ámbito ao que destina nos orzamentos do vindeiro ano 2024 máis de 170 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2023