A Xunta inicia a execución de actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Castro no concello de Cee

Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude total de 179 metros

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

Augas de Galicia continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Castro, no concello de Cee.

Estas tarefas desenvolveranse nunha lonxitude de 179 metros, no percorrido deste río polo parroquia de Santo Estevo de Lires.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e biomasa presente na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río Castro quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2023