Gabriel Alén concorreu esta mañá en Allariz á derradeira mesa de traballo para planificar o modelo galego da nova estratexia turística 2024-2030

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na mesa de traballo do xeodestino Allariz–Maceda–A Limia para elaborar a nova estratexia turística 2024-2030

O Goberno galego está a traballar xa no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico o estado de situación do turismo en Galicia

Na provincia de Ourense xa se desenvolveron as do Ribeiro – O Carballiño – Celanova - Terras do Xurés; Trevinca – Valdeorras; Verín – Monterrei e Ribeira Sacra

Coa intención de dar cabida a todos os profesionais do sector turístico, esta información completarase coa recompilada a través dun cuestionario online no que poderán recoller a súa visión e suxestións

Ourense, 30 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no Hotel OCA Vila de Allariz na mesa de traballo do xeodestino Allariz – Maceda – A Limia -, a derradeira reunión das cinco levadas a cabo (O Ribeiro – O Carballiño – Celanova - Terras do Xurés; xeodestino Trevinca – Valdeorras; xeodestino Verín – Monterrei e xeodestino Ribeira Sacra) para planificar con previsión e afianzar o modelo galego da nova estratexia turística 2024-2030 con medidas orientadas á sustentabilidade e a dixitalización, entre outros aspectos.

Con este obxectivo o Goberno autonómico está a traballar xa, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e coas tres universidades galegas, no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico e, desde unha visión de conxunto, o estado de situación do turismo en Galicia.

Nesta mesa de traballo,  na que participan distintos axentes públicos e privados do sector, expóñense as necesidades e retos para os vindeiros anos. Tamén se recolleu información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da Comunidade.

Coa intención de dar cabida a todos os profesionais do sector turístico, esta información completarase coa recompilada a través dun cuestionario online no que poderán recoller a súa visión e suxestións. Por outra banda, para elaborar esta nova estratexia de turismo contarase tamén co aval científico das tres universidades galegas en coordinación coa Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, que realizarán unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia.

Cuestionario online

De xeito parello, e para dar cabida a todos os profesionais do sector turístico e persoas interesadas, esta información completarase coa que se vai a recompilar a través dun cuestionario online no que se recollen a visión e suxestións ao que se pode acceder en na web diagnoseturismo.gal, onde tamén está o calendario das mesas de traballo.

Para elaborar esta nova estratexia de turismo contará co aval científico das tres universidades galegas en coordinación coa Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, que realizarán unha análise científica sobre a oferta, demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia. O Goberno autonómico continúa así planificando o seu modelo turístico a través dunha folla de ruta na que a sustentabilidade e a dixitalización terán especial protagonismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/11/2023