O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na apertura da mesa de traballo Monterrei, para a elaboración da futura estratexia de Turismo de Galicia

Ourense, 29 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no Parador Nacional na apertura da mesa de traballo ‘Monterrei‘ para a elaboración da futura Estratexia de Turismo de Galicia para o horizonte 2024-2030.

Nesta mesa de traballo, na que participan distintos axentes públicos e privados do sector, expóñense as necesidades e retos para os vindeiros anos. Tamén se recolleu información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da Comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/11/2023