Rivo pon en valor a aposta da Xunta polo emprendemento feminino e pola conciliación e a corresponsabilidade

Ourense, 28 de novembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presentou hoxe unha conferencia coloquio a cargo de María Graña, directora das clínicas de reprodución asistida Zygos, onde puxo de relevo a aposta da Xunta polo emprendemento feminino, así como pola conciliación e a corresponsabilidade.

Nesa liña, co gallo do relatorio que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), a conselleira lembrou o programa que vén de cumprir 27 anos, distribuíndo en total máis de 23 millóns entre máis de 1.800 axudas, que posibilitaron a creación e consolidación de máis de 3.500 postos de traballo femininos. Tamén fixo alusión ás iniciativas a prol da conciliación e da corresponsabilidade, en colaboración con concellos e distintas entidades, vitais para seguir aumentando a presenza das mulleres no mercado laboral.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/11/2023