O conselleiro do Mar clausura a III Xornada Porto Empresa ‘Descarbonización do sistema enerxético’

A Xunta pon en valor o papel do porto de Ferrol na estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e como faro verde do sistema portuario español

Alfonso Villares enxalzou o traballo que se ven realizando nos últimos anos no porto ferrolán para xerar na dársena un ecosistema entorno ás enerxías renovables e a transformación sustentable

O titular de Mar criticou o trato dispensado polo Goberno central á industria galega poñendo como exemplos o recurso da Lei do Litoral ou a cualificación da chegada do AVE a Galicia de “carta aos Reis Magos”

No evento participaron representantes do ámbito académico, empresarial e das administracións públicas sobre os principais aspectos que están condicionando a transición enerxética
 

Ferrol, 28 de novembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o papel do porto de Ferrol no desenvolvemento da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 así como enxalzou o traballo realizado nos últimos en favor de xerar na dársena un ecosistema entorno ás enerxías renovables e á transformación enerxética sustentable do tecido empresarial. O responsable autonómico fixo estas manifestacións acompañado polo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, no acto de clausura da III Xornada Porto Empresa baixo o título ‘Descarbonización do sistema enerxético’ organizada pola entidade portuaria ferrolá.

O conselleiro puxo en valor o papel do porto, no que a actividade vencellada á enerxía sempre estivo presente, na reactivación económica tanto da comarca de Ferrolterra, como de Eume, Ortegal e a Mariña lucense diversificando e apostando polas renovables como fórmula para favorecer o asentamento de novas empresas. Nesta liña, destacou a alianza da Xunta coa Autoridade Portuaria cara unha transición xusta e ordenada, tratando de ser referentes, co fin de evitar que a crise enerxética desestabilice a industria dos nos peiraos.

O titular de Mar sinalou a posición de liderado de Galicia no ámbito da enerxía verde sendo a segunda que máis enerxía achega destas fontes en liña coa folla de ruta para acadar a neutralidade climática recollida na Axenda Enerxética de Galicia 2030. Neste camiño, dixo, resulta fundamental a atracción e retención de talento así como a colaboración público- privada polo que puxo de relevo a recente presentación da sociedade mixta Recursos de Galicia que esta chamada a ser un actor de primeiro nivel na actual transición enerxética.

Alfonso Villares destacou as políticas levadas a cabo pola Goberno galego encamiñadas a axudar aos fogares galegos á renovación dos seus equipamentos por outros máis eficientes, na aposta do transporte público e unha mobilidade máis eficiente, así como  na axuda a pemes e grandes empresas a ser máis competitivas. Neste sentido, insistiu na importancia de avanzar xuntos cara un cambio de modelo enerxético que precisa de enerxías renovables e de proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico na nosa comunidade. Unha actuación que contrapuxo coa xestión levada a cabo polo Goberno central ao cal acusou de ignorar e maltratar a industria galega citando como exemplos o recurso contra a Lei do Litoral ante o Tribunal Constitucional ou a cualificación de “Carta aos Reis Magos” a petición da chegada completa do AVE a Galicia.

A descarbonización como obxectivo

Esta xornada, que cumpre a s contou cunha ampla representación de académicos, representantes de empresas do sector así como das administracións públicas para abordar os aspectos principais que están condicionando a descarbonización do sistema eléctrico como o marco normativo ou o papel do hidrógeno, o amoníaco e o metanol verde como fontes de enerxía do presente e do futuro.

 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 28/11/2023