A Xunta destaca o compromiso social de Aspanas durante a visita ao seu mercado de Nadal en Ourense

Ourense, 27 de novembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o mercado de Nadal organizado pola entidade Aspanas na cidade de Ourense. Durante a visita, puxo en valor o traballo desta asociación na creación de recursos e servizos de atención ás persoas con discapacidade.

 

A directora xeral fixo fincapé na colaboración que o Goberno galego mantén con todo o tecido asociativo galego. Neste sentido, lembrou a recente sinatura do concerto social entre o presidente do Goberno galego e as distintas entidades do sector. Un acordo histórico que permitirá o mantemento de máis de 5.000 prazas de atención á discapacidade de titularidade social e a estabilidade económica destas entidades. A Xunta de Galicia destinará a este concerto social máis de 100 millóns de euros ao ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/11/2023