A Xunta participa na V Xornada técnica monográfica do porco celta celebrada en Lugo

 

Lugo, 25 de novembro de 2023 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na clausura da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta de Galicia, que se celebrou no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo organizada pola Asociación de Creadores de Raza Porcina Celta.
 

A Xunta segue a traballar na potenciación desta raza autóctona galega que acadou un censo de case 4.200 animais a finais de 2022 en 140 explotacións gandeiras. Ademais, colabora cos criadores para levar diversas investigacións con estes animais, entre eles un proxecto de mellora xenética que permita incrementar a súa poboación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2023