Rivo participa no acto da deputación de Ourense co gallo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 24 de novembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou esta tarde no acto da Deputación de Ourense co gallo da conmemoración mañá, 25 de novembro, do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

No Parque da Igualdade do encoro de Cachamuíña, no Pereiro de Aguiar, a conselleira amosou o seu firme rexeitamente á violencia de xénero e o compromiso da Xunta de Galicia coas vítimas a través de axudas e recursos de apoio. Cabe lembrar que mañá, sábado 25, terá lugar o acto institucional do Goberno galego no Castelo de Soutomaior, en Pontevedra, e o domingo 26 a XI andaina contra a violencia de xénero Camiño ao respecto -desde o Monte do Gozo á praza do Obradoiro-, que porá o broche á semana de actos organizados pola Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2023