Rivo clausura en Ourense a reunión estatal na que decanos de economía abordaron o futuro destes estudos e as oportunidades laborais que brindan

Ourense, 24 de novembro de 2023

A  conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na clausura da Reunión da Conferencia española de decanas e decanos de economía e empresa (Confede), na que se conmemora o 25 aniversario desta entidade que agrupa ao redor de 70 centros oficiais de ensino universitario de grao no ámbito da economía e a empresa en España.

Ao longo dos dous días de actividade expertos debateron sobre temas cruciais como o futuro dos estudos de economía, a internacionalización da universidade, os estándares de excelencia e as oportunidades laborais para as persoas graduadas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2023